 |
Dende febreiro de 2008, o Concello de Boimorto, en colaboración con Sogama, puxo en marcha, no ámbito rural da localidade, un programa piloto de recollida “porta a porta” de envases lixeiros co obxectivo de incrementar a reciclaxe dos materiais correspondentes á denominada “bolsa amarela”, reducindo, de forma simultánea, os residuos urbanos a depositar nos contedores convencionais. Unha experiencia coa que o municipio, contando coa activa participación da poboación, pretende alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Díptico da campaña
Dossier de prensa da Experiencia piloto de recollida porta a porta
Reduce, Reutiliza e Separa
|