Menú
As bolsas de plástico, un serio problema medioambiental
SOGAMA - Non contamino. Utilízame. 100% Biodegradable.

Os datos dispoñibles a día de hoxe destacan o consumo esaxerado de bolsas plásticas dun só uso, con unha media de 238 unidades por persoa ao ano, calculando que nin tan sequera a metade delas volven a ser reutilizadas, aínda que só sexa como bolsas do lixo, e só o 10% acaban no contedor amarelo para ser recicladas. Cada bolsa pode tardar séculos en desintegrarse, depositando na terra e nas augas todos os elementos contaminantes que proveñen do refinado do petróleo empregado na súa fabricación, proceso no que tamén se consumen grandes cantidades de enerxía, xa que por cada unidade emítense arredor de catro gramos de CO2 na súa elaboración, contribuíndo ao efecto invernadeiro e ao cambio climático.  Ademais, o feito de que nos últimos 20 anos o peso das bolsas se reducise ata un 75%, dificulta tamén a súa reutilización como bolsas do lixo de uso doméstico, favorecendo que viaxen arrastradas polo vento a campos e bosques, onde poden tardar varios séculos en desaparecer.

Noutros medios, como os ríos ou o mar, poden resistir ata 450 anos, provocando danos na fauna, calcúlase que ata 100.000 animáis mariños (baleas, focas o tartarugas), morren cada ano por inxesta de plásticos, que confunden con alimento, mentres que moitas otras especies sofren serias ameazas por esta causa, xa que as bolsas plásticas acumuladas nos fondos mariños impiden o crecemento de algas que lles serven de sustento.
 
Co fin de atallar este problema, algúns países europeos prohíben a entrega gratuita de bolsas nos establecementos comerciais, optando por cobralas en función do seu tamaño. Algo similar acontece no noso país con determinadas cadeas de supermercado, que acoden a razóns económicas para disuadir a súa utilización, intentando por esta vía despertar a conciencia ecolóxica da poboación. Neste senso, é preciso destacar que o novo Plan Nacional de Residuos ten como obxectivo que, para o ano 2015, se sustitúan o 70% de bolsas plásticas por outras que permitan a súa reciclaxe, é dicir, que sexan biodegradables, como é o caso das elaboradas a partir de celulosa ou almidón de pataca, e que se descompoñen na súa meirande parte en menos de 120 días.

CAMPAÑAS

Sogama tamén quere contribuír a frear o consumo indiscriminado de bolsas plásticas, e por iso que se está a involucrar nuna serie de campañas de concienciación e sensibilización. Como  exemplo podemos citar as seguintes:

Visitas, presentación en Ordes -- AS BOLSAS DE PLÁSTICO, UN SERIO PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL --

Visitas recibidas nas instalacións de Sogama: constitúen un dos obxectivos públicos, facéndolles entrega dunha bolsa de papel reciclado co lema  “¡Reutilízame!”, intentando chamar a atención sobre a necesidade de utilizala, tantas veces como sexa posible, antes de convertila nun residuo.

Colaboración coa Fundación Santiago Centro: baixo o slogan “O medio ambiente é todo. Por un comercio responsable”, distribuíronse un total de 40.000 bolsas de papel reciclado entre todas aquelas persoas que realizaron as súas compras nos comercios adheridos a Santiago Centro, contribuíndo así a minimizar o consumo indiscriminado de bolsas plásticas, ao tiempo que se apela a outras alternativas máis ecolóxicas tales como as bolsas de papel reciclado ou, mellor aínda, as de tea e os carros da compra.

Colaboración co Concello de Ordes, concienciando a comerciantes e consumidores da necesidade de reducir o inxente consumo de bolsas plásticas.

II Convenio Ordes-SOGAMA

Coa mensaxe “Non contamino, utilízame”, o goberno local distribuíu un total de 10.000 bolsas biodegradables entre os distintos establecementos comerciais da propia localidade e arredores. Estas bolsas, fabricadas con restos de poda, bambú e fibras vexetais,  degrádanse en 245 días (fronte aos 400 anos que tardan en descompoñerse as bolsas plásticas), convertíndose, tras a acción de microorganismos e fungos, en auga, dióxido de carbono e/ou metano, e biomasa. Desta forma, permítese que as materias primas regresen á terra a través de procesos de biodegradación, o que se traduce nunha considerable redución das emisións de gases efecto invernadoiro, así como de consumo de enerxía e recursos non renovables.

Non é a primeira vez que o Concello ordense promove unha iniciativa destas características. Xa no ano 2008 levou a cabo unha campaña que, baixo o lema “Eu son ecolóxica”, incluía o reparto de milleiros de bolsas de papel reciclado entre os comercios.

Cuña de radio - Bolsas plásticas