Menú
Saber máis
Xestión de residuos
Imaxe non dispoñible

A solución proposta polo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RU) de Galicia nace da aplicación dunha política de "tres R" (Redución, Reutilización e Reciclaxe) e consta de seis programas, cada un dos cales persigue uns obxectivos específicos, de forma que a aplicación conxunta de todos eles configura un sistema de xestión integral para os RU. A posta en marcha das accións definidas en cada programa será responsabilidade de diferentes entes ou institucións. A participación de Sogama, como parte do plan de xestión, esténdese a dous niveis: por un lado, no ámbito da Valorización dos RU e, por outro, coa participación activa no Programa de Recollida Selectiva e Reciclaxe.

Concellos adheridos a SOGAMA

Imaxe non dispoñible