|
Menú
Saber máis
|
Plantas de transferencia
A función das plantas de transferencia é permitir o trasvase dos residuos dende os camións de recollida urbana a contedores de maior capacidade e máis axeitados para o transporte a longa distancia. Os obxectivos que se perseguen coa instalación de plantas de transferencia é minimizar os custes de transporte ao tempo que éste se realiza nas mellores condicións hixiénicas e de seguridade. Nestas instalacións non se efectúa ningunha operación de tratamento sobre os residuos pero, aínda así, están dotadas das medidas de protección ambiental máis esixentes coma son:
- Nave pechada que evita a emisión de ruidos ao exterior da instalación.
- Equipos de aspiración e filtrado de aire nas tolvas de descarga que evitan a emisión de pó e olores.
- Sistema de depuración de augas.
- Contedores pechados para o transporte de residuos, que garanten que este se realiza nas mellores condicións hixiénicas e de seguridade.
O uso das plantas de transferencia como punto de recollida de residuos reporta aos concellos usuarios unha serie de vantaxes:
- Entregan os residuos nunha instalación dotada de medidas de protección ambiental e con todas as garantías hixiénicas.
- Redúcese o tempo de duración do servizo de recollida, xa que os camións descargan con maior rapidez na planta de transferencia ca nun vertedoiro.
- Ao se realizar o trasvase de materiais nun recinto pechado e adecuadamente illado, evítanse as molestias causadas pola emisión de ruidos, olores e pó.
|