Menú
Saber máis
O complexo medioambiental

Está situado no lugar de Morzós, Concello de Cerceda, na provincia de A Coruña, e constitúe o punto arredor do cal xira a actividade principal de SOGAMA. Nel procédese á separación dos materiais reciclables depositados na Bolsa Amarela, facilitando a súa entrega aos recicladores correspondentes, e realízase a valorización enerxética da fracción no reciclable, depositada na Bolsa Negra. Construído sobre unha superficie de 665.000 metros cadrados e cunha capacidade nominal para tratar 550.000 toneladas de residuos anuais, consta dunha serie de instalacións industriais, cada unha delas cun cometido específico, que encadean de forma coherente todas as actividades do proceso global:

Plugin flash non instalado

No Complexo Medioambiental efectúanse todas as operacións de tratamento dos residuos urbanos procedentes das plantas de transferencia e daqueles concellos que, pola súa proximidade, descargan directamente nel. Na Planta de Reciclaxe recíbese o material correspondente á Bolsa Amarela (Envases de plástico, latas e bricks), onde sofre un proceso de separación e clasificación que o prepara para ser entregado ás empresas recicladoras.

A Bolsa Negra (material non reciclable) descárgase nos fosos de recepción da Planta de Elaboración de Combustible. Este material é sometido a un proceso de preparación e acondicionamento para obter un combustible derivado de residuos (CDR) estabilizado que alimenta a Planta Termoeléctrica. A Planta de Coxeneración participa no proceso suministrando a calor necesaria para a fase de secado do proceso de preparación do CDR.

O Complexo dispón ademais dun Almacén de Combustible con capacidade suficiente para oito días de operación da Planta Termoeléctrica.

O Complexo Medioambiental está dotado de importantes medidas de protección ambiental que garanten o cumprimento de toda a normativa ambiental aplicable. Entre estas medidas cabe destacar:

  • Sistema de depuración de gases constituído por acondicionamento de temperatura e unha absorción química a través dun reactor con adición de cal, adición de carbón activo e filtro de mangas.
  • Depuración de auga nun tratametno biolóxico e físico-químico de coagulación-floculación. No futuro dotarase ao sistema dunha planta de membranas formada por nanofiltración e ósmose inversa, co fin de conseguir recuperar a auga de proceso, o que permitirá acadar o obxectivo de verquido cero.
  • Depósitos de seguridade para cinzas e escouras.