|
Menú
Saber máis
|
Sensibilización ambiental
Reduce Residuos: Aforra Recursos. É o noso Reto, é a nosa Responsabilidade
Versión PDF
Con pequenos xestos diarios, podemos contribuír, entre todos, a minimizar a xeración de residuos urbanos. Con iso lograremos, non só importantes beneficios ambientais, senón tamén económicos e sociais. A continuación detallamos uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, tanto na compra, apostando por un consumo responsable, como na oficina e centros educativos, así como no propio fogar.
Na compra, non compres residuos: |
 |
Intenta adquirir artigos que estean minimamente envolvidos. Á hora de escoller entre produtos semellantes, elixe aqueles que teñan menos envases e embalaxes. |
 |
Non esquezas levar o teu carro da compra ou a bolsa de lona ou tea de toda a vida, evitando con iso utilizar unha nova bolsa de plástico cada vez. Rexeita as bolsas que non necesites, aínda que insistan en regalarchas. |
 |
Solicita ao dependente/a que non envolva nin empaquete os produtos que mercaches, salvo que sexa imprescindible. |
 |
Procura mercar artigos reutilizables. Recorda que os de usar e tirar incrementan a cantidade de residuos. |
 |
Promove o uso de produtos que veñan en recipientes reenchibles. |
 |
Rexeita os consumibles (froitas, carnes, verduras) envasados en bandexas de plástico. |
 |
Acostúmate a adquirir artigos a granel ou sen empaquetar. Pensa que o envoltorio non forma parte do produto que adquirimos e que remata por converterse nun residuo do que nos desprendemos inmediatamente. |
 |
Nas bebidas e líquidos, opta por envases grandes, e se son retornables, mellor. As botellas, frascos e tarros de vidro son unha magnífica opción (o vidro é 100% reciclable). |
 |
Recorda que mercar en grandes cantidades non só é máis barato, senón que tamén permite reducir a cantidade de embalaxes. Ten en conta que os produtos en tarro familiar xeran menos residuos por unidade. |
 |
Antes de realizar a compra, fai a lista do que necesites. Deféndete ante as estratexias de venda das grandes superficies (ofertas tentadoras, compras impulsivas, etc). |
|
Módulos de sensibilización ambiental
Guía didáctica
Presentación
Sector agrario
Sector pesqueiro
Sector turístico
Manuais de boas prácticas ambientais
Administración e oficinas. Comercio. Docencia e investigación. Seguros e finanzas
Agraria
Industrias alimentarias
Información e manifestacións artísticas
Automoción
Edificación e obras públicas
Servizo ás empresas
Producción, transformación e distribución de enerxía e auga
Fabricación de equipos electromecánicos
Industrias gráficas
Industria pesada e construccións metálicas
Industria da madeira e o corcho
Mantemento e reparación
Industrias manufactureiras diversas
Minaría e primeiras transformacións
Montaxes e instalacións
Pesca e acuicultura
Industrias químicas
Sanidade
Servizos á comunidade e persoais
Industrias textís
Transporte e comunicacións
Turismo e hostelaría |
 |
Á hora de elixir un produto, ten en conta a súa calidade e durabilidade, así como os residuos que xeran as diferentes opcións de comercialización deste. |
 |
Merca os alimentos tendo en conta a súa caducidade. Planifica o teu consumo. |
|
|
Na oficina e centros educativos: |
 |
Non desaproveites o papel. Usa sempre as dúas caras das follas e reutiliza as impresas por un lado para borradores, tarefas, comunicación informal, etc. |
 |
Usa papel reciclado sempre que poidas. Isto aumentará a súa demanda contribuíndo á súa maior produción e, en consecuencia, á preservación de recursos naturais. |
 |
Dá preferencia aos materiais con recambio. É un xeito eficaz de reducir, máis ecolóxica e económica que a utilización de materiais dun só uso. |
 |
Utiliza o teu propio vaso ou cunca e evita o uso de desbotables. |
 |
Os papeis de imposible ou difícil reciclaxe (plastificados, encerados, ...) só deberías empregalos cando non exista outra posibilidade menos impactante. |
|
|
|
No fogar:
|
 |
Usa trapos de cociña en lugar de rolos de papel, e utiliza panos de algodón en lugar de panos de papel. |
 |
Adquire pilas recargables en lugar das convencionais. |
 |
Cos restos das comidas e un pouco de imaxinación, podemos preparar atractivos menús, evitando que rematen no cubo do lixo. |
 |
Respecto ás cousas que xa non usen os membros da unidade familiar, debemos procurar que alguén as reciba. Recorda que con moi pouco podes facer máis doada a vida doutros. |
Dende a responsabilidade compartida, animámosche a que nos envíes as túas suxestións para divulgar distintas prácticas na redución da produción de residuos urbanos. Procederemos a publicar os mellores consellos na nosa páxina web, xunto cos teus datos, se así nos autorizas.
Versión PDF
|