Baixo o lema "Deporte limpo", Sogama colabora na XII Edición do circuíto de carreiras populares "Corre con Nós", a celebrar do 20 de novembro de 2011 ao 17 de xuño de 2012; un evento no que se dan cita cidadáns de todas as idades e que Sogama quixo aproveitar para levar a cabo unha tarefa de concienciación e sensibilización en materia ambiental. Para iso fixo entrega a cada corredor dun diario de carreiras no que este poderá rexistrar os datos relativos a cada competición, isto é, número de dorsal, tempo, posición, tempo por quilómetro e características climáticas. Os espazos reservados para cada carreira acompáñanse dun consello medioambiental de Sogama, incidindo nas compras responsables, a adquisición de produtos reutilizables, o aproveitamento de restos de comidas para elaborar novos menús e a correcta separación de refugallos en orixe para facilitar o seu posterior reciclado. Cada diario identifícase cun número e na última carreira entrarán todos no sorteo de 80 balóns de fútbol e 20 vales cada un para material deportivo.
Galería
- 1 of 3
- ››















