Nav
Sogama

Dez recomendacións básicas para unha xestión sostible dos residuos en vacacións de verán

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Ano: 
2017

Se ben as vacacións de verán constitúen un magnífica ocasión para desconectar da rutina diaria e cargar pilas para o resto do ano, o certo é que esta situación de relax asociada ao período estival non debe levarnos a baixar a garda no ámbito medioambiental. É por isto que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, tendo en conta o cambio de hábitos que trae consigo a etapa vacacional, optaron por publicar conxuntamente un decálogo con dez sinxelas recomendacións para que a xestión sostible dos residuos viaxe cos cidadáns e que esta se faga efectiva en calquera lugar.