Ano:
2011 Do 28 ao 30 de setembro de 2011, a sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, acollerá un Encontro que, baixo o título "A Xestión dos Recursos Ambientais en Galicia: experiencias, retos e perspectivas", promove a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e organiza SOGAMA baixo a dirección do seu presidente, Luis Lamas Novo. Expertos de alto nivel abordarán diversas temáticas vinculadas, entre outras, a áreas tales como a conservación do medio natural, a sostibilidade, a educación ambiental, a xestión dos residuos urbanos, a enerxía e o I+D+i ambiental.






