Ano:
2012 O xogo xigante dos residuos de Sogama trasládase ao Centro Comercial "Ponte Vella" de Ourense, permanecendo no mesmo dende o 18 de maio ata o 5 de xuño, data na que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente. Oriéntase aos nenos con idades superiores aos 8 anos para inculcarlles as boas prácticas na aplicación do principio dos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.













