Dado que a cidadanía constitúe a pedra angular sobre a que xira a axeitada xestión dos residuos urbanos, as asociacións veciñais teñen moito que aportar neste sentido, erixíndose nun importante instrumento de apoio nas campañas de concienciación social en torno á protección e mellora do medio ambiente, un obxectivo no que todos estamos chamados a participar.
O papel da veciñanza comeza no mesmo momento no que adquirimos os produtos, polo que cómpre apostar por un consumo sensato e responsable, poñendo en práctica a estratexia das tres erres, isto é, Reducindo a produción de lixo, Reutilizando os productos tantas veces como sexa necesario antes de convertilos en residuos, e separando os distintos materiais por tipoloxías para facilitar a súa Reciclaxe. O labor de Sogama vén a complementar estas tres erres coa Recuperación enerxética da parteque non pode ser reciclada, transformándoa, con todas as garantías medioambientais, en enerxía eléctrica.
COMO SEPARAR O LIXO EN ORIXE:
Colector amarelo: envases de plástico, latas e briks. Por exemplo:
- Botellas de plástico que contuveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, augasminerais, leite).
- Botes de plástico groso que contuveran produtos de aseo oulimpeza (xel de baño, champú, lavavaixelas, suavizante, etc).
- Latas de bebidas e de conservas.
- Briks do leite, viño e zumes de froitas.
- Bandexas de porexpán.
- Redeciñas de envoltorios de froitas ou verduras.
- Plásticos film: bolsas finas, plástico para envolver.
- Envases mixtos distintos aos briks: bolsas de aperitivos, envases de bolos industriais, etc.
Neste recipiente non debemos depositar materia orgánica, papel/cartón e vidro, como tampouco residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, películas de vídeo, carretes de fotos, cables eléctricos, enchufes, etc).
Colector azul: papel e cartón. Por exemplo:
- Prensa e revistas.
- Libretas (sen anelas, grampas e outros accesorios).
- Papel de envolver, de embalar.
- Caixas de cartón
- Cartóns de ovos.
- Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón).
- Libros.
Non debemos depositar:
- Papeis de calco
- Cartóns de leite, zume, viño (briks)
- Papel ou cartón suxos de graxa
Iglú verde: botellas, frascos e tarros de vidro
Non debemos depositar:
- Tapóns e cortizas.
- Todos os vidros especiais tales como parabrisas, pantallas de televisión e ordenador, lámpadas, espellos, etc.
Colector xenérico: orgánicos (restos de alimentos) e materiais non reciclables (cueiros, compresas, servilletas de papel, roupafóra de uso, etc).
Non debemos depositar os materiais que teñan cabida no resto dos colectores de recollida selectiva.
En determinados ámbitos rurais, resultan factibles as coñecidas prácticas de compostaxe caseira; un proceso que permite reciclar a materia orgánica nas propias vivendas, obtendo un abono natural con excelentes propiedades para o solo co que substituír os fertilizantes artificiais empregados no xardín, na horta e terras de cultivo.
Minicolector de pilas, que podemos atopar nos concellos, centros escolares e establecementos comerciais.
Puntos limpos, aos que debemos trasladar:
- Residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes, bernices, envases de insecticidas e fitosanitarios, aceites vexetais usados e aceites de locomoción).
- Voluminosos (mobles, colchóns, ....)
- Residuos de liña branca (lavadoras, frigoríficos, ....)
- Residuos de liña marrón (televisores, equipos de música, ordenadores).
- Residuos de pequenas obras en domicilios.
Con estos sinxelos xestos poderemos contribuÍr a minimizar a xeración de lixo e a incrementar as porcentaxes de reciclado, cos conseguintes beneficios ambientais (aforro de enerxía e materias primas virxes) e económicos para as arcas locais. A colaboración das asociacións veciñais resulta esencial, de aí a necesidade de que, ademais de participar activamente no sistema, leven a cabo una tarefa educativa e de sensibilización no seu contorno máis inmediato.





