Ano:
2012 Con motivo da XVIII edición da Feira da Cantería, Callos e Artesanía celebrada o pasado 8 de xullo na parroquia de Parga, en Guitiriz (Lugo), Sogama desenvolveu unha serie de talleres educativos en torno á reutilización e a reciclaxe nos que participaron numerosos escolares coa pretensión de descubrir as múltiples utilidades dos materiais de refugallo. A fabricación de carteis para as portas foi cualificado como o máis exitoso, seguido polo da elaboración de avións e pulseiras de cores.










