Nav
Sogama

Accionistas

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Accionariado:
Empresa mixta participada no 51% pola Administración Autonómica (Xunta de Galicia) e no 49% polo Socio Tecnolóxico (Gas Natural Fenosa Renovables).

Inscrición no Rexistro Mercantil:

Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 1218 do arquivo, Sección Xeral, folio 207, folla nº C-7629.

Plantas de Transferencia:
37 Plantas de Transferencia localizadas en distintos puntos do territorio galego, das que:

  • 20 están baixo a titularidade de Sogama: 6 na provincia da Coruña (Cee, Boiro, Narón, Santa Comba, Santiago de Compostela e Ortigueira); 7 na de Lugo (Lugo, Sarria, Monforte, Chantada, Barreiros, Becerreá e Viveiro); 5 na provincia de Pontevedra (Vigo, O Porriño, Ribadumia, O Rosal e Silleda); e 2 na de Ourense (San Cibrao das Viñas e A Rúa).
  • 5 foron construídas no seu momento pola Xunta de Galicia e están xestionadas polos propios concellos. É o caso de A Lama e A Cañiza, na provincia de Pontevedra; Riotorto, na de Lugo; e Ponteceso e Curtis, na da Coruña.
  • 1 Planta de Transferencia que xestiona a Mancomunidade do Morrazo, na provincia de Pontevedra.
  • 11 Microplantas construídas pola Deputación de Ourense e que dan servizo aos concellos da provincia.

Complexo Medioambiental de Cerceda:

  • Superficie total: 65 hectáreas
  • Capacidade nominal de tratamento: 500.000-550.000 toneladas/ano
  • Potencia instalada: 50 MW Planta Termoeléctrica e22 MW Planta de Coxeración
  • Capacidade de produción de enerxía eléctrica: 470 Millóns de KWh anuais
  • Principais instalacións que integran o Complexo:
    • Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS)
    • Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE)
    • Planta de Coxeración (PCOG)
    • Planta Termoeléctrica (PTE)

Vertedero controlado de Areosa (Cerceda):

  • Complementa a actividade do Complexo Medioambiental, xa que o Complexo non dispón de capacidade suficiente para xestionar os refugallos que a Sociedade recibe anualmente (máis de 800.000 toneladas).
  • Conta cunha superficie de 47 hectáreas.
  • Principais instalacións:
    • Planta de Biogás, con capacidade de produción de enerxía eléctrica: 13 Millóns de KWh anuais

Empregos directos creados: en torno a 500

Bolsa amarela (envases lixeiros):

  • Concellos adheridos: 282 (2.217.655 habitantes)
  • Concellos implantados: 274 (2.198.315 habitantes)

Bolsa negra (fracción resto):

  • Concellos adheridos e implantados: 295 (2.261.448 habitantes)