Bolsa amarela

Versión para impresiónSend to friendPDF version

A recollida selectiva da bolsa amarela foi implantada en Galicia logo da entrada en vigor, no 1997, da Lei de Envases e Residuos de Envases, materializándose a través dunha experiencia piloto que se estendeu dende xullo do 1998 ate outubro do 1999, na que finalmente participaron un total de 29 concellos, e a través da cal se obtivo información sobre os hábitos da poboación, así como sobre as características e composición dos residuos xerados, fixando deste xeito os medios e custes relativos á implantación dunha recollida destas características.

En novembro do1999, a Xunta de Galicia e Ecoembalajes España, S. A. (Ecoembes) asinaron un Convenio Marco a fin de darlle pulo ao desenvolvemento dun programa integral de recollida e recuperación de envases usados e máis residuos de envases no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Neste Convenio atribuíselle a Sogama a función de entidade xestora do mesmo, levando a cabo nas súas instalacións os labores de clasificación da bolsa amarela (envases de plástico, latas e bricks).

O 21 de febreiro do 2011, a Xunta de Galicia e Ecoembes formalizaron un novo acordo a través do cal se aspira a reducir o número de impropios introducidos nos colectores amarelos, reducíndoos dende el 32% actual ate o 25%. O devandito convenio permanecerá en vigor ate o 2015 e contará cun investimento de 85 millóns de euros.

Unha vez efectuada a recollida  deste material (bolsa amarela) por parte dos servizos municipais ou empresa específica na que os entes locais deleguen esta tarefa, é transportado á Estación de Transferencia máis próxima y de aí viaxa en colectores especiais de grande capacidade á Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros de Sogama, localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, onde se efectúa a separación mecánica dos distintos materiais, que son prensados e embalados por separado, remitíndoos logo á industria de reciclaxe, onde son convertidos en novas materias primas.

Neste escenario é preciso ter en conta que a colaboración cidadá constitúe a peza chave no éxito do sistema de recollida selectiva, xa que a viabilidade da reciclaxe e, por tanto, os beneficios dela derivados, tanto a nivel medioambiental como económico, dependen fundamentalmente duna axeitada separación en orixe.

É que a reciclaxe permite un gran aforro enerxético e de materias primas, ademais dun considerable aforro económico para as arcas locais, xa que canto meirande sexa a cantidade e calidade do material desviado aos centros de reciclaxe, meirandes serán os ingresos percibidos polos concellos a través do Sistema Integrado de Xestión Ecoembes, ao tempo que se propicia a diminución do volume de residuos que deben ser depositados no colector xenérico, reducendo o importe da factura que os concellos teñen que pagar a Sogama.

Colector amarelo

  • Botellas de plástico que contiveran alimentos (aceite vexetal, refrescos, auga, leite, salsas, ...)
  • Botes de plástico de produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, xabón líquido, lavalouzas, limpadores do fogar, suavizante, ...)
  • Latas de conservas e de refrescos 
  • Bricks de leite, viño, zumes,...
  • Bandexas de porexpán ou cortiza branca
  • Redeciñas de envoltorio de froitas, tubérculos ou verduras
  • Plástico film (plástico de cociña para envolver)
  • Bolsas de plástico
  • Envases plásticos de aperitivos e bolos industriais

E en xeral, todos os envases de plástico, latas e bricks que leven impreso o punto verde.

AxuntoTamaño
O camiño da bolsa amarela [pdf]1.35 MB