Bolsa negra

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Das fraccións obtidas logo da recollida selectiva dos residuos urbanos, a “bolsa negra” é a que contén os refugallos que non poden ser reciclados por outras vías e que son susceptibles de seren valorizados como opción preferible á súa eliminación ou vertido.

Entre as opcións de valorización posibles, Sogama optou pola incineración con recuperación de enerxía, utilizando a parte que non é posible reciclar como combustible para a obtención de enerxía eléctrica.

Colector xenérico

  • Restos orgánicos
  • Cueiros, compresas
  • Papel e cartón con manchas de graxa
  • Lámpadas
  • Espellos
  • Louza rota
  • Cintas de vídeo e de son
  • Disquetes e CDs
  • Bolígrafos
  • Xoguetes de plástico
  • Calquera material distinto de:
    • Envases de plástico, latas e bricks
    • Envases de vidro
    • Papel e cartón limpos
    • Pilas

A xestión da bolsa negra comeza coa recollida dos colectores xenéricos, destinados a acoller os residuos orgánicos e os que non poden ser reciclados. Esta recollida é competencia municipal e, polo tanto, son os propios concellos os encargados de transportar estes refugallos á correspondente Planta de Transferencia, onde son transvasados a colectores de meirande capacidade a fin de minimizar os custes de transporte ate o Complexo Medioambiental de Cerceda.

O transporte realízase por diferentes vías, segando as posibilidades dispoñibles en cada caso, utilizando a estrada ou ben o ferrocarril.

Cando estes residuos chegan ao Complexo Medioambiental de Cerceda, son descargados na Planta de Elaboración de Combustible, onde, logo de separar a parte que pode ser reciclada, que é remitida aos centros de reciclaxe, acondiciónase co resto un Combustible Derivado de Residuos (CDR), que alimentará unha Planta Termoeléctrica para xerar enerxía eléctrica suficiente para abastecer 100.000 fogares (unha cidade de tipo medio).

AxuntoTamaño
O Camiño da bolsa negra [pdf]458.5 KB