Nav
Sogama

O complexo medioambiental

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Situado na vila de Cerceda, na provincia da Coruña, constitúe o punto arredor do cal xira a actividade industrial de Sogama. Nel lévase a cabo a separación dos materiais para reciclaxe depositados na bolsa amarela, facilitando a súa entrega aos que os reciclarán, e realízase tamén a valorización enerxética da fracción que non é para reciclaxe da bolsa negra.

Construído sobre unha superficie de 665.000 metros cadrados e cunha capacidade nominal para tratar entre 500.000 e 550.000 toneladas de residuos anuais, consta dunha serie de plantas, cada unha delas cun cometido específico, que encadean de forma coherente todas as actividades do proceso global.

Neste Complexo, que se complementa coa actividade do vertedoiro controlado de Areosa, efectúanse as operacións de tratamento dunha gran parte dos residuos xerados en Galicia.

Na Planta de Clasificación de Envases Lixeiros recíbese o material correspondente á bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks) e procédese á súa separación por tipoloxías, sendo remitido ás empresas que o reciclará.

A bolsa negra (que recolle os residuos orgánicos e que non poden ser reciclados) descárgase nos foxos de recepción da Planta de Elaboración de Combustible, onde é sometida  a un proceso de preparación e acondicionamento para obter un Combustible Derivado de Residuos (CDR) estabilizado que alimenta a Planta Termoeléctrica para producir enerxía eléctrica.

A Planta de Coxeración participa no proceso subministrando a calor necesaria para a fase de secado do proceso de preparación do CDR.

O Complexo Medioambiental está dotado de importantes medidas de protección ambiental que garanten o cumprimento de toda a normativa aplicable. Entre elas pódense subliñar:

  • Sistema de depuración de gases semiseco con adición de cal hidratada e carbón activo. Nun reactor prodúcese a neutralización dos compostos contaminantes para, a continuación, ser retidos nos filtros de mangas.
  • Depuración de augas nun tratamento biolóxico e fisicoquímico de coagulación-floculación.

 

 

 

 

 

Ver principais instalacións