Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE)

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Temas: I+D+i

As Plataformas Tecnolóxicas Galegas son instrumentos específicos consistentes na agrupación dunha serie de axentes, liderados normalmente pola industria e procedentes de diferentes contornos (empresas, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación, etc.), que teñen por obxectivo fundamental a planificación da estratexia referente á investigación, desenvolvemento e innovación a través das actuacións científico-tecnolóxicas relacionadas cun sector empresarial determinado.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente participa como vogal no Comité Executivo da Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (ENVITE), unha iniciativa da Xunta de Galicia que agrupa a todas as entidades interesadas no sector do medio ambiente a fin de definir os obxectivos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico a medio e longo prazo, establecendo unha serie de directrices para a súa consecución.

+Info: www.envite.org