Nav
Sogama

Proxectos

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Sogama, xunto con outros socios de doce países, participa nun proxecto europeo para o desenvolvemento de envases intelixentes e sostibles que poderán atoparse dentro duns anos nos sectores da alimentación, o farmacéutico ou o da cosmética, reunindo unha serie de características tales como o estar desenvolvidos con biomateriais (biodegradables e de orixe renovable), dispoñer de mellores propiedades térmicas, mecánicas e de barreira a través da nanotecnoloxía e revestimentos innovadores que incrementan a vida útil do produto envasado, ademais da súa seguridade e calidade, ser fabricados con procesos produtivos máis flexibles e eficaces, e integrar tecnoloxías e dispositivos para proporcionar información ao consumidor, tanto do produto en si como de todo o ciclo de vida do envase.
As escouras producidas no leito do forno da Planta Termoeléctrica de Sogama, localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, e onde se leva a cabo a recuperación enerxética da parte non susceptible de reciclaxe dos residuos para transformación en enerxía eléctrica, son obxecto dun proxecto de investigación que estuda e analiza a súa valorización como materiais de construción.
Proxecto de cooperación entre as rexións do Norte de Portugal e Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, co obxecto de fortalecer a xestión dos residuos industriais a través da redución en orixe, da reutilización de materiais para outros procesos, da reciclaxe, e da valorización material e enerxética.