Red-Genera

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Proxecto de cooperación entre as rexións do Norte de Portugal e Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, co obxecto de fortalecer a xestión dos residuos industriais a través da redución en orixe, da reutilización de materiais para outros procesos, da reciclaxe, e da valorización material e enerxética.

Ademais de fomentar a posta en marcha de iniciativas innovadoras orientadas cara á prevención da contaminación orixinada pola produción de residuos n as PEMEs da Eurorrexión, o proxecto persigue a colaboración empresarial a fin de promover a industria da reciclaxe e a posta en valor dos residuos, potenciando con isto o mellor posicionamento e competitividade do sector no mercado e, en consecuencia, o desenvolvemento económico e a creación de máis e mellor emprego.

Trátase, en definitiva, de articular a proposta de alternativas empresariais sustentables capaces de conxugar solucións a á problemática na xestión dos residuos industriais dende a integración, equilibrada e harmoniosa, da dimensión ambiental, económica e social, aplicando o principio de autosuficiencia e proximidade.

Jefe de fila: Consello Galego de Cámaras.

Socios:

  • Por parte de Galicia:
    Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A (SOGAMA)
    Cámara de Comercio de Ourense
    Cámara de Comercio de Pontevedra
    Cámara de Comercio de Vigo
    Cámara de Comercio de Tui
  •  

  • Por parte de Portugal:
    Centro de Valorización de Residuos CVR
    Asociación de Industrias do Minho-AIMINHO
    IDITE-Minho

Red-Genera contempla, ademais, outras actuacións de interese, como a creación dunha plataforma de servizos de asesoramento empresarial especializado, a elaboración dun mapa de residuos industriais da Eurorrexión, a consolidación dunha rede de traballo entre entidades empresariais e centros de I+D+i, e a posta en marcha dun observatorio de valorización de residuos que permita identificar o estado da arte, as mellores tecnoloxías dispoñibles e experiencias desenvolvidas.

AxuntoTamaño
Cartel Red-Genera [jpg]63.07 KB
Díptico Red-Genera [pdf]3.94 MB
Temas: I+D+i
Audiencias: Investigadores