Nav
Sogama

Xestión de residuos urbanos

Versión para impresiónPDF version

O labor de Sogama está enmarcado no Plan Autonómico de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020 da Consellería de Medio Ambiente, asumindo o papel encomendado pola mesma e que, en todo caso, pasa pola aplicación prioritaria das tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe) e máis a Recuperación enerxética da parte que non pode ser reciclada, minimizando as cantidades de refugallos destinadas a vertedoiro.

Dúas son as fraccións de residuos urbanos sobre as que Sogama centra a súa xestión: a bolsa amarela, é dicir, os materiais depositados pola cidadanía no colector amarelo (envases de plástico, latas e bricks), e a bolsa negra, (refugallos orgánicos e que non poidan ser reciclados) introducida no colector xenérico.

Mentres que, no que atinxe á bolsa amarela, a tarefa desta Sociedade está circunscrita á clasificación dos distintos materiais por tipoloxías, que logo remite aos centros de reciclaxe para ser transformados en novos produtos, no caso da bolsa negra, e unha vez separados os materiais susceptibles de reciclaxe (aceiro e aluminio fundamentalmente), somete o resto a un proceso de valorización enerxética ou, o que é o mesmo, incineración con recuperación de enerxía, utilizando para isto tecnoloxías de última xeración que lle permiten levar a cabo unha actividade industrial totalmente respectuosa co medio ambiente e coa saúde pública.

AxuntoTamaño
Concellos adheridos a SOGAMA [pdf]600.72 KB