CSIC e Cicloplast promoven un novo curso sobre reciclaxe de plásticos orientado ao profesorado

Versión para impresiónPDF version
11.10.2017

•Baixo a denominación “Os plásticos: desenvolvemento, aplicacións, reciclado e medio ambiente”, os destinatarios desta actividade formativa son fundamentalmente docentes de secundaria, bacharelato e FP

•Cunha duración de 50 horas lectivas, o curso, acreditado polo Ministerio de Educación, ten lugar en Madrid entre o 9 de outubro e o 13 de novembro.

•O programa, cunha clara dimensión teórico-práctica, nútrese, entre outras, con temáticas vinculadas ás propiedades dos plásticos, aplicacións e proxectos innovadores de I+D+i sobre novos mercados de plástico reciclado no noso país, e contempla igualmente prácticas en laboratorio e visitas a plantas de produción ou reciclaxe.

Cerceda, a 11 de outubro de 2017.- Baixo a denominación “Os plásticos: desenvolvemento, aplicacións, reciclado e medio ambiente”, o CSIC (Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros) e Cicloplast promoven conxuntamente unha nova edición, que alcanza xa a cuarta, dun curso co que se pretende formar aos profesionais do sector e tamén ao profesorado de secundaria, bacharelato e FP, especialmente das ramas de bioloxía, química, física ou tecnoloxía, sobre as características dos materiais plásticos, abundando na súa recuperación e reciclaxe.

FORMACIÓN TEÓRICO-PRÁCTICA

Desta forma, o programa nútrese cunha serie de temáticas a través das cales se darán a coñecer as propiedades dos distintos tipos de plásticos, así como as súas aplicacións tradicionais e principais novidades no ámbito do envase, a medicina, as enerxías renovables e as comunicacións, entre outros sectores. Tamén se profundará no proceso de reciclado deste material, tanto en España como en Europa, e darase conta dos proxectos innovadores de I+D+i sobre novos mercados de plástico reciclado no noso país.

O curso, acreditado polo Ministerio de Educación e que conta con 50 horas lectivas, celébrase en Madrid ata o próximo 13 de novembro, e inclúe igualmente prácticas en laboratorio, así como visitas a unha planta de produción ou reciclaxe de plástico.

Ademais do persoal propio de Cicloplast e o CSIC, nas actividades formativas participarán outras entidades tales como PlasticsEurope.
Así mesmo, os promotores proporcionarán aos centros educativos material didáctico específico para que os docentes, unha vez conclúan a actividade formativa, poidan trasladar os seus coñecementos aos alumnos. Así mesmo, entregaráselles un exemplar do libro “Falsos Mitos e Realidades sobre os Plásticos en Sostibilidade, Reciclado e Seguridade Alimentaria”, elaborado por Cicloplast e Aimplas, en colaboración co CSIC.

SOBRE CICLOPLAST

É unha sociedade sen ánimo de lucro e comprometida co medio ambiente, que promove o reciclado dos plásticos ao final da súa vida útil, en calquera das súas aplicacións (envases, agricultura, construción, automóbil, etc), sendo o seu principal obxectivo reducir a cantidade de residuos depositados en vertedoiro. De aí que o seu labor se centre fundamentalmente na prevención e o reciclado dos plásticos, tanto material como enerxético.

En Cicloplast atópanse integradas todas as empresas do sector do plástico (tanto fabricantes de materias primas como transformadores), asumindo no seu nome o cumprimento da normativa ambiental vixente.

Forma parte de Ecoembes e representa a España ante a organización europea EPRO (European Association of Plastics Recycling and Recovery Organizations), formada por 19 entidades similares que responden aos obxectivos de reciclado de plástico da Directiva Europea de Envases.

Foto: CSIC

Saúdos, Departamento de Comunicación