O abandono de residuos, un importante risco para os incendios forestais

Versión para impresiónPDF version
04.08.2017

•Os aerosois, debido ás altas temperaturas, poden explotar e ser a orixe do lume, do mesmo xeito que as botellas ou anacos de vidro, debido ao efecto “lupa”.

•No marco do Proxecto LIBERA, promovido conxuntamente por Ecoembes e SEO/Birdlife, e cuxo obxectivo é liberar de lixo os espazos naturais, lánzanse cinco consellos básicos para evitar os incendios, tendo en conta os condicionantes propios da tempada estival.

Cerceda, a 4 de agosto de 2017.- O littering ou abandono de residuos no campo constitúe un importante risco para os incendios forestais e que se acrecenta especialmente no verán debido ás altas temperaturas, o vento e a falta de choiva, sendo a actividade humana o principal desencadeante no 90% das ocasións.

Tal e como sinala Ecoembes e Seo/Birdlife, calquera conduta incívica ou descoido pode ser a causa dunha traxedia medioambiental. É o caso, por exemplo, dos aerosois, que poden explotar cando son sometidos a altas temperaturas, ou ben as botellas ou anacos de vidro debido ao efecto “lupa”. E, por suposto, a queima incontrolada de residuos, que, máis aló dun serio problema ambiental, constitúe unha mala práctica que atenta contra a saúde, orixinando enfermidades respiratorias como a bronquite ou enfisemas.

Unha vez máis, a prevención e a educación ambiental fanse imprescindibles. É por iso que, no marco do Proxecto LIBERA, que ten por obxecto loitar contra o littering e liberar de lixo os espazos naturais, faise especial fincapé na necesidade de extremar a precaución cando se leven a cabo actividades ao aire libre.

CINCO XESTOS PREVENTIVOS

Neste contexto, Ecoembes e SEO/Birdlife proporcionan cinco consellos básicos para previr os incendios forestais:

1.- Non tirar cabichas acesas ao chan e tampouco pola ventanilla cando se viaxa en coche.

2.- Non deixar lixo fóra das papeleiras. Se non temos unha cerca, os residuos deben gardarse e depositarse no contedor correspondente.

3.- Acender as fogueiras, incluídas as de limpeza de montes e queima de restrollos, só en zonas e épocas autorizadas pola autoridade competente.

4.- Evitar deixar acesas fogueiras e lámpadas en campamentos cando un se ausente dos mesmos ou se vaia a durmir, e isto aínda que sexa unha zona habilitada para acender lume.

5.- E cando o lume se teña producido e se atope moi preto, intentar bordealo e fuxir rapidamente, evitando non subir pola montaña, xa que avanza máis rapidamente que as persoas.

Saúdos, Departamento de Comunicación