Últimas novas

<< Anteriores | Seguintes >>


03/09/2010

Sogama adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        


01/09/2010

A xestión do patrimonio natural galego, temática central das XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo nas que colabora Sogama                    


31/08/2010

Sogama introduce melloras no aproveitamento do biogás do vertedoiro de Areosa coas que prevé alcanzar significativos beneficios ambientais


03/08/2010

Sogama destina 2.400.000 euros á contratación dos servizos de limpeza e conserxería no Complexo Medioambiental de Cerceda


02/08/2010

Alumnos de diversos cursos de formación universitaria e profesional, público maioritario no programa de visitas do mes de xullo


30/07/2010

O incremento da capacidade da Planta de Transferencia de Becerreá permite a Sogama optimizar o servizo prestado aos Concellos limítrofes 


29/07/2010

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible


28/07/2010

Representantes do pobo francés de Escalquens, en proceso de irmandamento co de Cerceda, interésanse polo labor de Sogama


03/09/2010

Versión PDF

03/09/2010

SOGAMA

Sogama adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        

O contrato, a materializar coa firma Mugatra Sociedad de Prevención, S.L, rexerá por 1 ano e abranguerá as distintas instalacións que conforman a infraestrutura industrial de Sogama (Complexo Medioambiental, vertedoiro de Areosa e 20 Plantas de Transferencia).

As tarefas a executar inclúen as especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

O servizo de prevención alleo deberá asumir, entre outros cometidos, as avaliacións de riscos, o asesoramento técnico na investigación de accidentes laborais e enfermidades profesionais, labores de apoio na coordinación de actividades empresariais e programación e impartición de cursos de formación.

Cerceda, a 3 de setembro de 2010. - Tras a análise técnica e económica das candidaturas presentadas por un total de 15 empresas ao concurso de prestación do servizo de prevención alleo de riscos laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosociología aplicada, Sogama procedeu á súa adxudicación, habendo reacaído na empresa Mugatra Sociedad de Prevención, S.L, por un importe de 17.900 euros.

Os labores a executar cubrirán o conxunto da infraestrutura industrial da entidade isto é, Complexo Medioambiental e vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa, ambos os dous situados no termo municipal de Cerceda, así como as 20 Plantas de Transferencia que, distribuídas pola xeografía galega, atópanse baixo a titularidade desta empresa pública (Narón, Ortigueira, Santa Comba, Cee, Santiago de Compostela e Boiro, na provincia de A Coruña; Viveiro, Barreiros, Lugo, Becerreá, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos, na provincia de Lugo; Silleda, Ribadumia, Vigo, O Porriño e O Rosal, na de Pontevedra; e San Cibrao das Viñas e A Rúa, na provincia de Ourense).

Este contrato, establecido para 1 ano, obedece á grande importancia que as condicións de traballo teñen sobre a saúde e seguridade dos aproximadamente 400 operarios que desempeñan as súas funcións nas distintas instalacións de Sogama, facéndose necesario levar a cabo cantas accións sexan precisas para garantir en todo momento o seu benestar, evitando a sinestralidade laboral.

Dado que as compañías contratistas desta Sociedade pública dispoñen dos seus propios recursos humanos de prevención, estes deberán manter en todo momento unha estreita coordinación coa Área de Prevención e Relacións Laborais de Sogama, garantindo desta forma un permanente e exhaustivo control e seguimento do ámbito de traballo.

Tarefas a materializar pola adxudicataria

Forma parte do cometido da adxudicataria a elaboración e actualización das avaliacións de riscos por centros ou lugares de traballo previamente determinados por Sogama. Para isto colaborará e prestará asesoramento técnico en materia de equipos de protección, así como na investigación de accidentes laborais con baixa (leves, graves, moi graves e mortais) e enfermidades profesionais, encargándose igualmente dos informes correspondentes ás tarefas das traballadoras embarazadas e colectivos especialmente sensibles, procedendo en cada caso a confeccionar a planificación das correspondentes medidas correctoras.

Ademais, a contratista exercerá as funcións propias de apoio na coordinación de actividades empresariais, así como na programación e impartición de cursos de formación orientados aos traballadores.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

 

Versión PDF