Últimas novas

<< Anteriores | Seguintes >>


07/09/2010

Sogama percibirá en tres anos uns ingresos de aproximadamente 800.000 euros pola venda do aluminio que consegue recuperar da bolsa negra


03/09/2010

A Sociedade Galega do Medio Ambiente adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        


01/09/2010

A xestión do patrimonio natural galego, temática central das XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo nas que colabora Sogama                    


31/08/2010

Sogama introduce melloras no aproveitamento do biogás do vertedoiro de Areosa coas que prevé alcanzar significativos beneficios ambientais


03/08/2010

Sogama destina 2.400.000 euros á contratación dos servizos de limpeza e conserxería no Complexo Medioambiental de Cerceda


02/08/2010

Alumnos de diversos cursos de formación universitaria e profesional, público maioritario no programa de visitas do mes de xullo


30/07/2010

O incremento da capacidade da Planta de Transferencia de Becerreá permite a Sogama optimizar o servizo prestado aos Concellos limítrofes 


29/07/2010

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible


12/03/2010

Versión PDF

12/03/2010

SOGAMA

Os Concellos de Barreiros, Alfoz, Trabada e Lourenzá implantan, co apoio de Sogama, un programa de compostaxe doméstica

O presidente de Sogama e os catro rexedores asinaron esta mañá, no Edificio Administrativo de Lugo, un acordo de colaboración, contando coa presenza do Xefe Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Un total de 200 familias participarán neste proxecto, cuxa pretensión é a de contribuír a alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais para a veciñanza das entidades locais implicadas.

A inversión a realizar será de aproximadamente 60.000 euros, achegando Sogama o 50% e distribuíndose proporcionalmente a porcentaxe restante entre os Concellos.

Mentres que a Sociedade Galega do Medio Ambiente encargarase, entre outras tarefas, da coordinación e supervisión do proxecto, cuxa duración se estima en 9 meses, os entes locais procederán á selección das vivendas e á distribución dos compostadores, canalizando a súa intervención a través da figura do "mestre composteiro"

Lugo, a 12 de marzo de 2010. - O presidente de Sogama, Luis Lamas, e os rexedores dos Concellos de Barreiros, Alfoz, Trabada e Lourenzá, José Alfonso Fuente, Emilio Lousas, José Manuel Yanes e Vidal Martínez-Sierra respectivamente, formalizaron esta mañá, no Edificio Administrativo de Lugo e contando coa presenza do Xefe Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José María López Vega, un convenio de colaboración para a instauración dun proxecto de compostaxe doméstica no ámbito rural destas catro localidades. Un acordo que, segundo palabras do máximo responsable da Sociedade Galega do Medio ambiente "virá a delimitar as responsabilidades de cada unha das partes, así como os labores a desenvolver polas mesmas e as achegas económicas necesarias para financiar esta actuación".

Coa implantación deste programa os entes locais pretenden alcanzar importantes beneficios ambientais, xa que a reciclaxe da materia orgánica en orixe, que na composición media do lixo representa en torno ao 50 por cento, permitirá diminuír a frecuencia de recollida e transporte de residuos, minimizando as cantidades a entregar no Complexo Medioambiental de Cerceda. Pero tamén con esta iniciativa se poderán obter vantaxes económicas para as arcas locais, evitando custear o tratamento dun residuo que pode recuperarse no propio fogar, e sociais, evitando os continuos desprazamentos da poboación rural aos contedores convencionais, polo xeral moi distanciados das vivendas.

Nesta tarefa, Sogama aportará a súa máxima colaboración, toda vez que "a súa prioridade pasa por que a cidadanía aplique políticas de prevención reducindo a xeración de residuos, apostando pola reutilización e implicándose nos mecanismos de recollida selectiva", sentenciou Lamas.

Pola súa banda, o Alcalde de Barreiros, quen actuou como voceiro dos seus homólogos, manifestou que "confiamos en que o proxecto nos axude a diminuír as cantidades de lixo desviadas a Sogama e, en consecuencia, o importe da factura que debemos pagar a esta Sociedade pública pola súa xestión e tratamento".

Un total de 200 vivendas rurais participarán activamente nesta experiencia, que estará coordinada e supervisada por Sogama, sendo dotadas cun composteiro de 400 litros de capacidade, que servirá para transformar en compost a materia orgánica xerada nos fogares, un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que pode ser utilizado nos propios hortos e xardíns dos fogares participantes, substituíndo aos fertilizantes artificiais.

SELECCIÓN ÁMBITOS DE POBOACIÓN E ASIGNACIÓN DE MEDIOS

O estudo de viabilidade realizado por Sogama permitiu recabar os datos xeográficos, orográficos, económicos e ambientais necesarios para definir os ámbitos de poboación que cumpren cos requisitos para ser incorporados ao proxecto, considerando como factores determinantes a densidade de poboación (habitantes/quilómetro cadrado); vivendas de habitabilidade continua (nunca como segunda residencia), disposición próxima de puntos de recollida de lixo, volume de residuos, frecuencia de recollida e, por suposto, o interese no programa.

Baseándose nesta análise previa procedeuse á asignación dos 200 composteiros, correspondendo 88 a Barreiros, 33 a Alfoz, 49 a Lourenzá e 30 a Trabada. Do total de recipientes cos que contará cada localidade, os propios Concellos consideraron oportuno reservar unha unidade para instalar nos centros escolares, contemplando ademais, no caso de Barreiros, a gardaría municipal.

RESPONSABILIDADES A ASUMIR POR CADA PARTE

Sogama exercerá a coordinación e supervisión do proxecto, mantendo un contacto periódico cos interlocutores municipais. Ademais do estudo previo de viabilidade, encargouse tamén de editar o material didáctico a utilizar, que será distribuído entre a veciñanza participante, así como entre os colexios e, en xeral, entre todos aqueles interesados no proxecto. Tamén será esta entidade pública a que asuma o informe final de conclusións, transcorrido o período de 9 meses dende a súa implantación.

No caso dos Concellos, estes procederán á selección das vivendas que reúnan os requisitos para participar no programa, designando a un interlocutor oficial por parte do ente local, quen asumirá as funcións propias da figura de "mestre compostador", que en todo caso deberá ser unha persoa coñecida no municipio, con capacidade de influencia, boas dotes persoais e que, tras recibir a oportuna formación, realizará un seguimento do programa "porta a porta", vixiando a evolución do mesmo nos distintos fogares, resolvendo dúbidas e motivando ás familias para a mellora da técnica e subsanación de posibles erros.

FINANCIAMENTO

Cunha inversión aproximada de 60.000 euros, o proxecto será financiado nun 50 por cento por Sogama, encargándose os propios Concellos, en función do número de vivendas participantes, de asumir a contía restante.

Saúdos, Departamento de Comunicación 

Versión PDF