Últimas novas

<< Anteriores | Seguintes >>


03/09/2010

Sogama adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        


01/09/2010

A xestión do patrimonio natural galego, temática central das XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo nas que colabora Sogama                    


31/08/2010

Sogama introduce melloras no aproveitamento do biogás do vertedoiro de Areosa coas que prevé alcanzar significativos beneficios ambientais


03/08/2010

Sogama destina 2.400.000 euros á contratación dos servizos de limpeza e conserxería no Complexo Medioambiental de Cerceda


02/08/2010

Alumnos de diversos cursos de formación universitaria e profesional, público maioritario no programa de visitas do mes de xullo


30/07/2010

O incremento da capacidade da Planta de Transferencia de Becerreá permite a Sogama optimizar o servizo prestado aos Concellos limítrofes 


29/07/2010

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible


28/07/2010

Representantes do pobo francés de Escalquens, en proceso de irmandamento co de Cerceda, interésanse polo labor de Sogama


26/07/2010

Versión PDF

26/07/2010

SOGAMA

Sogama adxudica, por un importe de 363.000 euros, o servizo de vixilancia ambiental da súa infraestrutura industrial

A pretensión é dar resposta aos requisitos recollidos na Autorización Ambiental Integrada, nas Declaracións de Efectos Ambientais e de Impacto Ambiental, e na  lexislación vixente na materia, ademais dos propios autocontrois establecidos pola Sociedade.

Os labores contemplados neste contrato, en vigor durante tres anos, inclúen o vertedoiro de Areosa, o Complexo Medioambiental de Cerceda (parcialmente) e as 19 Plantas de Transferencia que, distribuidas por todo o territorio galego, operan baixo a titularidade de Sogama.

O control ambiental centrarase no apartado de vertidos, augas, emisións, datos meteorolóxicos, topografía e vexetación, ademais doutros parámetros.

Cerceda, a 26 de xullo de 2010. - A Sociedade Galega do Medio Ambiente vén de adxudicar á empresa Eptisa, Servizos de Enxeñaría, S.L, por un importe de 363.906,02 euros (case a metade do prezo máximo de licitación, que ascendía a 718.025,71 euros) o servizo correspondente aos labores de vixilancia e control ambiental da súa infraestrutura industrial, incluíndo no mesmo o vertedoiro de Areosa e Complexo Medioambiental de Cerceda (parcialmente), así como as 19 Plantas de Transferencia das que é titular e que se atopan distribuídas polo conxunto do territorio galego.

Con esta actuación preténdese dar resposta aos requisitos recollidos na Autorización Ambiental  Integrada (*), - outorgada a esta entidade pública con data 30 de abril de 2008 pola entón Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible-, nas Declaracións de Efectos Ambientais e de Impacto Ambiental, e na lexislación vixente na materia, ademais dos propios autocontrois establecidos pola Sociedade.

O contrato, que permanecerá en vigor durante tres anos, poderá ser prorrogado ata un máximo de catro.

Principais actividades a executar

No caso do vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa, as tarefas de control ambiental contemplan o apartado de vertidos (augas residuais, lixiviados e augas pluviais, superficiais e subterráneas), emisións, prestando especial atención á planta de valorización de biogás, ruídos, datos meteorolóxicos, topografía da zona e vexetación.

Respecto ao Complexo Medioambiental, ademais das medicións meteorolóxicas, inclúese a caldeira e foco de desodorización da planta de tratamento de residuos animais, e, en canto ás 19 Plantas de Transferencia que operan baixo a xestión directa de Sogama (Boiro, Cee, Narón, Santa Comba e Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña; Barreiros, Becerreá, Chantada, Lugo, Monforte, Sarria e Viveiro, na provincia de Lugo; A Rúa e San Cibrao das Viñas, na de Ourense; e Porriño, Ribadumia, O Rosal, Silleda e Vigo, na provincia de Pontevedra), os estudos centraranse na análise dos efluentes das depuradoras, augas (tomando como referencia os límites de vertido establecidos na Táboa 3), e ruídos.

Tendo en conta o alcance do servizo, todas as empresas que concorreron a esta licitación estaban obrigadas a cumprir unha serie de requisitos previos. Entre eles esixíaselles a achega dos certificados emitidos pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), que as acredita como Entidades de Inspección conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17020:2004 para a realización de inspeccións ambientais en sectores tales como augas residuais, ruído ambiental, emisións de fontes estacionarias e augas continentais subterráneas e superficiais, así como os certificados que as autorizan para efectuar ensaios ambientais conforme aos criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005 para análises físico-químicos de augas e soportes de mostraxe de emisións atmosféricas.

Ademais de todo isto, precisaban estar en posesión dos permisos emitidos pola Administración para poder actuar como Organismos de Control Autorizados (OCA) e materializar inspeccións ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Saúdos, Departamento de Comunicación

(*) En cumprimento da Lei 16/2002 de Prevención e Control Integrados da Contaminación (IPPC), que traspón a Directiva 96/61/CE ao ordenamento xurídico español, a  Autorización Ambiental Integrada (AAI) é unha figura de intervención administrativa que aglutina e substitúe ao conxunto de autorizacións ambientais nun permiso único, establecendo un condicionado ambiental para o funcionamento de complexos industriais que desenvolvan actividades incluídas no seu ámbito de aplicación. Defínese como a "resolución do órgano competente da Comunidade Autónoma, pola que se permite, aos sós efectos da protección do medio ambiente e da saúde das persoas, explotar a totalidade ou parte dunha instalación, baixo determinadas condicións destinadas a garantir que a mesma cumpre o obxecto e as disposicións desta lei, evitando, ou polo menos reducindo, a contaminación da atmosfera, a auga e o solo".

 

Versión PDF