Últimas novas

<< Anteriores | Seguintes >>


03/09/2010

Sogama adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        


01/09/2010

A xestión do patrimonio natural galego, temática central das XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo nas que colabora Sogama                    


31/08/2010

Sogama introduce melloras no aproveitamento do biogás do vertedoiro de Areosa coas que prevé alcanzar significativos beneficios ambientais


03/08/2010

Sogama destina 2.400.000 euros á contratación dos servizos de limpeza e conserxería no Complexo Medioambiental de Cerceda


02/08/2010

Alumnos de diversos cursos de formación universitaria e profesional, público maioritario no programa de visitas do mes de xullo


30/07/2010

O incremento da capacidade da Planta de Transferencia de Becerreá permite a Sogama optimizar o servizo prestado aos Concellos limítrofes 


29/07/2010

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible


28/07/2010

Representantes do pobo francés de Escalquens, en proceso de irmandamento co de Cerceda, interésanse polo labor de Sogama


28/07/2010

Versión PDF

28/07/2010

SOGAMA

Representantes do pobo francés de Escalquens, en proceso de irmandamento co de Cerceda, interésanse polo labor de Sogama

O grupo efectuou un percorrido guiado polo Complexo Medioambiental desta entidade a fin de coñecer de primeira man a actividade desenvolvida no mesmo.

Neste labor inicial de achegamento de culturas, tradicións e infraestruturas, o Concello de Cerceda quixo mostrar aos seus hóspedes os recursos industriais cos que conta no ámbito medioambiental, destacando o fito que Sogama supuxo no seu momento ao trazar o camiño a seguir por outras entidades vinculadas a este sector.

O irmandamento entre municipios constitúe un concepto en auxe a partir da Segunda Guerra Mundial, xa que foi creado precisamente coa idea de achegar á cidadanía europea maiores lazos de unión, promovendo proxectos de cooperación en beneficio mutuo

Cerceda, a 28 de xullo de 2010. - Representantes do Concello francés de Escalquens, acompañados polos seus homólogos en Cerceda, efectuaron esta tarde un percorrido guiado polas instalacións que conforman o Complexo Medioambiental de Sogama a fin de coñecer in situ a actividade desenvolvida no mesmo.

Esta visita ten lugar no marco dun programa de irmandamento entre ambas as dúas localidades e a través do cal pretenden achegar as súas respectivas culturas, idiosincrasia, tradicións e, como, non os seus recursos e infraestrutura industrial.

No caso de Cerceda, e dado que alberga a planta central de Sogama, catalogada entre as máis modernas e vanguardistas en materia de xestión de residuos urbanos, tanto a nivel nacional como europeo, os voceiros do municipio galego non dubidaron en incluila no itinerario e axenda de traballo deseñada para os seus hóspedes.

A pesar do escaso tempo dispoñible, o grupo francés non quixo perder a oportunidade de obter toda a información posible sobre esta empresa pública, interesándose tanto polos aspectos ambientais como económicos e sociais, especialmente no que representa a nivel de emprego. Non en van, só o Complexo dá traballo a preto de 400 operarios, na súa maioría residentes na vila cercedense.

Situada no Pirineo Medio, Escalquens, que conta con aproximadamente 5.477 habitantes, pertence á provincia de Alto Garona e distrito de Toulouse. Cerceda será o primeiro ente local español co que se irmande, e ambas as dúas poboacións esperan manter unha relación frutífera a medio e longo prazo, fomentando o contacto humano, a variable máis importante, os enlaces culturais, o intercambio de experiencias e opinións sobre cuestións de interese común, e o apoio recíproco nos procesos de desenvolvemento económico e social.

O irmandamento entre municipios, un fenómeno en auxe tras a Segunda Guerra Mundial

A nivel europeo, os irmandamentos comezaron pouco despois de 1945 como resposta á reconstrución ulterior tras a Segunda Guerra Mundial. O obxectivo era achegar aos cidadáns de Europa maiores lazos de unión, promovendo proxectos de cooperación en beneficio mutuo. Aínda que o concepto de irmandamento é máis popular no contorno europeo que noutras partes do mundo, o certo é que na actualidade constitúen prácticas que se estenderon por todos os continentes.

Neste escenario resulta evidente que esta modalidade de colaboración intermunicipal xogou un papel moi importante no proceso de ampliación da UE, favorecendo a integración de novos países no seu seo.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

 

Versión PDF