Últimas novas

<< Anteriores | Seguintes >>


03/09/2010

Sogama adxudica, por un importe próximo aos 18.000 euros, o servizo de prevención alleo de riscos laborais        


01/09/2010

A xestión do patrimonio natural galego, temática central das XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo nas que colabora Sogama                    


31/08/2010

Sogama introduce melloras no aproveitamento do biogás do vertedoiro de Areosa coas que prevé alcanzar significativos beneficios ambientais


03/08/2010

Sogama destina 2.400.000 euros á contratación dos servizos de limpeza e conserxería no Complexo Medioambiental de Cerceda


02/08/2010

Alumnos de diversos cursos de formación universitaria e profesional, público maioritario no programa de visitas do mes de xullo


30/07/2010

O incremento da capacidade da Planta de Transferencia de Becerreá permite a Sogama optimizar o servizo prestado aos Concellos limítrofes 


29/07/2010

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible


28/07/2010

Representantes do pobo francés de Escalquens, en proceso de irmandamento co de Cerceda, interésanse polo labor de Sogama


29/07/2010

Versión PDF

29/07/2010

SOGAMA

O Consello da Xunta autoriza a Sogama, cun orzamento de 47 millóns de euros, a licitación da xestión integral da Planta de Elaboración de Combustible

Tendo en conta que esta instalación dispón de capacidade para tratar entre 500.000 e 550.000 toneladas anuais de residuos urbanos (RU), o contrato, que rexerá para un período de 4 anos, contempla un prezo máximo por tonelada procesada de 23,2 euros.

Así mesmo, e dado que o anterior concurso, publicado en setembro de 2009, foi declarado deserto, o Consello da Xunta validou, en base a un procedemento negociado sen publicidade, o contrato provisional formalizado cunha das dúas compañías ofertantes (FCC), que se manterá en vigor ata mediados do próximo mes de decembro por unha contía de 8.200.880,59 euros.

O obxectivo fundamental desta licitación é o de garantir, durante as 24 horas do día, a subministración de combustible derivado de residuos á Planta Termoeléctrica, onde é valorizado enerxeticamente para producir enerxía eléctrica renovable.

Cerceda, a 29 de xullo de 2010. - O Consello da Xunta autorizou hoxe, por un importe de 47 millóns de euros, a licitación para a xestión integral da Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE), incluíndo os traballos de operación, mantemento e limpeza da mesma durante un período de 4 anos.

Situada no Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda, esta instalación conta cunha capacidade de tratamento para 500.000-550.000 toneladas anuais de residuos urbanos (RU), establecéndose un prezo máximo por tonelada procesada de 23,2 euros.

Garantir a valorización enerxética da parte non reciclable dos residuos

A PRTE acolle a primeira fase de tratamento á que son sometidos os residuos procedentes da recollida de lixo convencional, coñecido tamén como "bolsa negra", e que acolle o lixo orgánico e non reciclable. Así, tras separar a parte susceptible de ser reciclada (material férrico e aluminio fundamentalmente), que remite aos centros recicladores para a súa transformación en novos produtos, acondiciona co resto un combustible derivado de residuos (CDR) que destina a valorización enerxética.

Agás o mes de parada técnica anual programada no Complexo, período no que se leva a cabo a revisión, reparación e/ou substitución de todos os equipamentos da planta co fin de que queden en perfectas condicións de funcionamento para o resto do ano, a instalación está operativa as 24 horas do día, facéndose necesario que se garanta o fluxo de alimentación de CDR, en cantidade e calidade óptimas, para a correcta operación das dúas caldeiras da Planta Termoeléctrica, onde se produce enerxía eléctrica renovable suficiente para abastecer 100.000 fogares (unha cidade de tipo medio).

Así mesmo, a firma contratista farase cargo da xestión de todas as dependencias incluídas na área de influencia da PRTE (vestiarios, oficinas, sala de control e nave de servizos correspondente á zona de comedor dos operarios), así como das instalacións de auga, de iluminación de fitas, rúas e naves, de protección contraincendios e de augas residuais, pluviais e rede de sumidoiros. Tamén se atoparán baixo a súa responsabilidade as tarefas de mantemento predictivo, preventivo e correctivo no conxunto de sistemas, equipos e compoñentes, permitindo que as condicións físicas da nave principal, e edificios vinculados á mesma, non se vexan alteradas en ningún momento.

Validación do contrato con FCC ata finais do 2010

O Consello da Xunta tamén validou o contrato formalizado o pasado 17 de marzo entre Sogama e a compañía Fomento de Construcións e Contratas (FCC) para a xestión provisional da Planta de Elaboración de Combustible, en tanto en canto non se resolva a nova licitación pública, manténdose en vigor ata mediados do próximo mes de decembro.

Debido a que o concurso publicado en setembro de 2009 para a xestión desta instalación foi declarado deserto ao non cumprir ningunha das dúas empresas ofertantes (Urbaser e FCC) cos requisitos administrativos recollidos no prego de condicións, e, tendo en conta que Urbaser, adxudicataria deste servizo ata entón, xa anunciara a súa decisión de cesar definitivamente o mesmo o 1 de abril de 2010, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, consciente da imposibilidade de resolver outra licitación antes da data indicada, viuse obrigada, de acordo cos supostos recollidos na Lei de Contratos do Sector Público, a recorrer a un procedemento negociado sen publicidade.

Dado que Urbaser foi eliminada do procedemento por superar o presuposto máximo de licitación, pechouse con FCC unha relación contractual de 6 meses por unha contía de 8.200.880,59 euros, establecendo un prezo de 18,51 euros por tonelada de RU procesada.

A dinámica administrativa e de xestión seguida permitiu, conforme á legalidade vixente, garantir o axeitado funcionamento da PRTE e, polo tanto, o correcto tratamento do lixo en masa procedente dunha grande parte dos Concellos galegos, afianzando a prestación dun servizo público esencial para a Comunidade.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

Versión PDF